Álex Llorca: "Imos a pola terceira vitoria"

"Loitaremos por toda esa xente que o merece e apóianos. O equipo xa superou cousas peores", sinala o xogador breoganista
Llorca intenta entrar a canasta ante Busma.
photo_camera Llorca intenta entrar a canasta ante Busma.

O escolta celeste Álex Llorca mostrouse onte contrariado pola derrota do seu equipo ante o Ourense, aínda que insistiu en mirar cara a adiante e dalo todo para lograr o ascenso mañá.

«A afección estivo incrible, vimos un ambiente que se ve en moi poucas pistas. Imos loitar por toda esa xente que o merece e apóianos nos bos e nos malos momentos. Agora a recuperarse, ver os fallos que tivemos para non volver repetilos no quinto partido. Xa gañamos en Ourense en dúas ocasións, agora imos a por a terceira», comentou. Llorca pediu pasar páxina ante esta derrota e mirar ao quinto partido con toda a determinación. «Hai que esquecer o que pasou, ser moi positivo, adestrar con toda a forza e intensidade para xogar o quinto partido con todas as ganas e a ambición porque durante a tempada xa nos levantamos de cousas peores. Este equipo e esta afección merece o ascenso. Os dous conxuntos xogámonos unha final e un ascenso e o cansazo non se vai a notar», sinalou.

Llorca tamén se queixou dalgunhas decisións arbitrais no tramo final. «Non o entendo, son cousas que pasan, non se pode facer nada, pero é evidente que estamos nunha final e non sei pode pitar así», valorou.

SAMB

Mamadou Samb lamentou a oportunidade perdida, pero avogou por pensar xa na final definitiva do quinto partido. «Os dous equipos merecemos gañar. Demóstrase que é unha eliminatoria moi igualada e agora temos que facer ben o traballo para gañar o quinto partido da final e conseguir unha alegría tremenda», indicou.

Samb reiterou a súa confianza no equipo. «Hai que ser positivo e levantar a cabeza. Isto non se terminou e hai que loitar. Só é un partido de baloncesto, ás veces gáñase e ás veces pérdese. Xa sabiamos que podía haber cinco partidos e o que toca é recuperarse e traballar ben», manifestou a á-pivote celeste.

Comentarios