Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Gonzalo García: "O Breogán tamén merecía gañar este partido"

Gonzalo García de Vitoria, adestrador do Ourense, destacou a igualdade do partido disputado onte. «é difícil valorar este encontro con todo o que vivimos. Estou contento porque o meu equipo gañou, pero o Breogán tamén llo mereceu. Calquera fose xusto vencedor», comentou.

«O partido decidírono detalles. Salva Arco, por exemplo, apareceu cando o Breogán abrira unha brecha perigosa no último cuarto», engadiu.

García de Vitoria insistiu no emocionante que foi o choque de onte. «Houbo moita tensión. Os dous equipos fallamos moitos tiros libres, houberon 18 cambios de vantaxe... tocounos gañar a nós e iso fai xustiza para que haxa un quinto partido e con iso outra festa do baloncesto. Porque o que se está vendo nos pavillóns nesta final da LEB é unha animalada», comentou.

O técnico do cadro ourensán destacou varios aspectos positivos dos seus xogadores no choque de onte. «Fomos moi duros no rebote, defendemos ben a Mc Ghee e levamos un plan de partido, o cal nos veu moi ben para limpar a cabeza despois do terceiro partido», sinalou.

Preguntado por quen terá máis presión no partido de mañá, Gonzalo García de Vitoria contestou: «Os árbitros. é unha final e pode pasar de todo. Pode gañar calquera dos dous por 30, pode ser igualadísima».

Gonzalo García: "O Breogán tamén merecía gañar este partido"
Comentarios