Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

O exbreoganista Feldeine, xogador da xornada da ACB

O escolta do Mad-Croc Fuenlabrada James Feldeine foi designado mellor xogador da décimo oitava xornada da liga ACB de baloncesto. O exbreoganista logrou 41 puntos de valoración na vitoria do seu equipo, o pasado sábado, sobre a Valencia Básket, por 72-69.

Ante a Valencia Basket, James Feldeine anotou 37 puntos, produto de 4 canastras de 8 intentos en tiros de dous puntos, 8 de 8 desde a liña de tiros libres e 7 de 10 en triplos. Ademais, repartiu 5 asistencias, capturou 4 rebotes e recibiu 7 faltas.

Tras esta xornada, James Feldeine consolídase como segundo máximo anotador da liga ACB, cunha media de 17,1 puntos por partido. Só está superado polos 18,5 do xogador do Asefa Estudantes Carl English.

Consiga AQUÍ a información completa

O exbreoganista Feldeine, xogador da xornada da ACB
Comentarios