Edu Sánchez: ''Teño a mesma ilusión que cando tiña 18 anos''

 

Edu Sánchez debuta esta tarde coa camiseta do CB Breogán. Para a base murciano será un partido especial, tanto por ese motivo, como por volver xogar logo da grave lesión que lle impediu xogar a pasada tempada nas filas do Burgos. «Atópome moi ben, coa lesión esquecida. Tiven sorte porque tiven todo o verán para traballar e chegar ben ao comezo de pretemporada. Estou coa ilusión de cando tiña 18 anos», di.

«Creo que nos estamos preparando ben e podemos afrontar con garantías o inicio de tempada. Temos versatilidade, hai xente con ambición e unha boa mestura de experiencia e mocidade. Todos os ingredientes para competir en cada partido», engadiu a base celeste, de 33 anos.

Fortes en casa

O encontro de hoxe é «un reto moi bonito. Temos que facernos fortes en casa e ilusionar á xente. A Menorca é moi bo equipo, pero se estamos concentrados temos moitas opcións de gañar».

Comentarios