Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

86-84. O Breo déixase en Vitoria medio tren directo á ACB

Araberri - Cafés Candelas Breogán
Araberri - Cafés Candelas Breogán
Un nefasto segundo cuarto condenou aos lucenses, que a pesar diso tiveron unha acción para levar o partido á prórroga

Un desfalecemento tremendo entre o final do primeiro cuarto e o descanso privou ao Breogán de sumar unha vitoria transcendental na súa loita polo ascenso directo á ACB. O tren máis curto afástase para os de Lezkano tras sucumbir en Vitoria fronte ao Araberri por 86-84.

Os lucenses vencían por por 15-23 no minuto oito e impuñan o seu ritmo ante un equipo vasco que non atopaba a tecla para parar a Fakuade e Stainbrook, máximos anotadores celestes con 17 e 21 puntos, respectivamente. Pero entón apagáronse as luces e en once minutos o Araberri meteulle un parcial de 32-14 ao Breogán, que acabou chegando ao descanso dez puntos abaixo: 49-39.

O paso polos vestiarios revitalizou aos lucenses, que axustaron a defensa e metéronse no partido. Tres abaixo ao final do terceiro cuarto: 61-58. Con todo, o período definitivo arrincou cun parcial do Araberri de 6-0 que volveu complicarlle as cousas aos lucenses. A base de coraxe, o Breogán chegou aos últimos compases con opcións, pero Stainbrook, rodeado de defensores, fallou o tiro que levaría o partido á prórroga.

A falta de dúas xornadas, os de Lezkano necesitan un milagre para ascender directos, que pasa, en primeiro lugar, pola derrota do Gipuzkoa este domingo en Melilla. O Burgos, que recibe ao Huesca, tamén podería empatar na táboa co Breogán.


<LEE A CRÓNICA COMPLETA ESTE DOMINGO EN EL PROGRESO>

86-84. O Breo déixase en Vitoria medio tren directo á ACB
Comentarios