O Monbus Obradoiro anunciou este mércores que detectou un novo positivo por covid-19 nas probas PCR ás que se someteron os xogadores nas últimas horas.
O afectado atópase con síntomas, illado no seu domicilio e seguindo o protocolo sanitario, informou a entidade galega a través dun comunicado de prensa.
Unha vez confirmado este positivo, tal e como marca o protocolo da máxima competición do baloncesto español, foi comunicado ás autoridades sanitarias e á ACB.
O resto do persoal deu negativo, polo que continúa adestrándose ás ordes do técnico Moncho Fernández.
Nos próximos días o equipo volverase a someter a novas probas.
Está previsto que Monbús Obradoiro e Río Breogán se enfronten o vindeiro luns, día 3 de xaneiro.