O Carferlo e o Celtas pon rumbo a Segunda

A fase de ascenso a Segunda Autonómica de baloncesto pinta de marabilla para os dous equipos mariñáns que a están disputando, o Carferlo Viveiro e o CB Celtas de Foz. Os dous equipos contan por triunfos os seus dous primeiros encontros e chegan ao derbi do próximo fin de semana igualados na primeira praza do grupo, con dous triunfos de vantaxe respecto dos seus rivais, o Culleredo e o Fucobet Betanzos.

O Carferlo Viveiro soubo facer valer o factor cancha nos seus dous encontros e chegará a Marzán con moita moral para afrontar o terceiro duelo ante o Celtas da tempada. Os vivarienses venceron por 65-62 ao Fucobet Betanzos nun partido moi nivelado, resolto cun triplo de Diego Pedrosa no último segundo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios