Catro equipos, entre eles o Celtas e o Viveiro, comparten o liderado de Terceira

Un jugador del Celtas y uno del CB Viveiro (Foto: J.MªÁlvez)
photo_camera Un jugador del Celtas y uno del CB Viveiro (Foto: J.MªÁlvez)

A emoción crece a medida que quedan menos xornadas para a conclusión da liga regular de Terceira División masculina de baloncesto. A derrota do Celtas, unida á vitoria do CB Viveiro deixa aos dous equipos igualados no máis alto da táboa, pero tamén empatados en número de triunfos e vitorias con outras dúas escuadras, o Cómic Coffee e o Newton Terra Cha.

Foi precisamente o Cómic Coffee o que levou a vitoria de Marzán, na primeira derrota como local do Celtas nesta tempada. Os de Pablo Castro perderon unha boa oportunidade de ser líderes en solitario, pero caeron nos últimos instantes ante un rival ao que gañaran no choque da primeira volta. Polo menos, os mariñáns conseguiron salvar o basketaverage en caso de empate a puntos ao final do campionato. Os focenses visitarán agora ao Rábade.

Mellor rodaron as cousas para o CB Viveiro, que se sobrepuxo á súa inesperada derrota fronte ao San Roque ribadense cun triunfo máis cómodo do esperado ante o Garabolos, 63-48. Os de Carlos Novo mostráronse moi sólidos en defensa e compartiron responsabilidades en ataque. Agora, na visita ao Newton Terra Cha descansan moitas das súas posibilidades de loitar polo título.

A xornada completouse no que incumba aos equipos mariñáns coa derrota da Cervexería San Roque, en casa ante o Becerreá, por 40-50. Os ribadenses pagaron o seu mal día en ataque cunha derrota que escurece o gran triunfo cultivado a semana anterior, en Viveiro. O San Roque viaxará este fin de semana ata a cancha do Garabolos.

BASE
O Celtas gañou ao Viveiro en júniores masculinos

O derbi entre o Celtas e o Viveiro caeu ao lado focense en juniors masculinos, por 75-53. O cadro focense afiánzase no liderado, con dous triunfos de vantaxe sobre o Sarria, que ocupa a segunda praza. O conxunto vivariense, pola súa banda, ocupa a sexta posición da táboa, cun balance de cinco vitorias e seis derrotas nos seus once partidos.

Comentarios