Os anfitrións dominan a primeira proba de escolares

Ivilene Pereira. ama
photo_camera Ivilene Pereira. ama

A escola anfitrioa, a de Lourenzá-Mondoñedo, foi a triunfadora na proba preparatoria para o campionato comarcal de escolares, que se celebrará o sábado, tamén no mesmo circuíto. A proba celebrada nos arredores do campo de fútbol de Santa Cruz arroxou tres triunfos para os deportistas locais das oito categorías que se puxeron en xogo. Tamén o Martínez Otero e o San Roque vivariense lograron dous triunfos cada un, mentres que o colexio O Pilar tamén conseguiu un dos títulos.

A proba reuniu a máis de 200 participantes nas categorías de benjamines, alevíns, infantís e cadetes, destacando a gran presenza de nenos e nenas nas categorías dos máis pequenos, tanto a nivel masculino como feminino.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Atletismo
Comentarios