A carreira de San Xosé cita a mil persoas

Os inscritos dividíronse nas probas escolar e absoluta e unha nova 'andaina'
Salida de una de las numerosas pruebas
photo_camera Salida de una de las numerosas pruebas

A vixésima quinta edición da carreira de San Xosé das Pontes resultou ser todo un éxito de convocatoria, ao contar cun milleiro de persoas de todas as idades inscritas. A iso axudou tamén a iniciativa nova e solidaria proposta este ano polo club Olympo, organizador desta proba, que consistiu nunha camiñada de tres quilómetros baixo a lema ‘Corre por elas’ para recadar fondos para unha asociación contra a violencia de xénero.

O circuíto da Fraga quedou pequeno para albergar a todos os participantes, que se repartiron en preto de 300 na carreira absoluta; máis dun centenar, nas probas de categorías escolares e ao redor de 500, na ‘andaina’.

Os santiagueses Pedro Nimo e Raquel Suárez proclamáronse vencedores na proba absoluta, por diante de Antonio Teijido, de Guitiriz, e Paulo González, de Lugo, e de Eusebia Maldonado, da Coruña, e Tereza Ctvrtnickova, do Olympo, respectivamente.

Na categoría xuvenil masculina, o vencedor foi Yago Pazos, de Cambre, que se impuxo aos ponteses Daniel García Tembrás e Martín García Prieto. En feminino, a gañadora foi Ana Belén Vázquez Valencia, de Fene.

En veterano A, impúxose o lucense Jesús Rego, mentres que Manuel Oliver Pérez e Ángel Maceiras Lago, ambos de Culleredo, foron segundo e terceiro. En feminino, a primeira clasificada foi Marta Otero, seguida de Paula Antón e Ofelia Lubián.

O gañador na categoría veterano B foi o pontés Jesús Branco Montero, que cruzou a meta por diante de José Roberto Rei e José Manuel Dopico. En feminino, o podio estivo composto por Esther Pedrosa, Loly Losada e Elena Ferreiro.

Categorías inferiores

En benjamín, os primeiros clasificados foron Damián Suárez, Antonio Graña e Mateo Núñez, mentres que en feminino foron Alba Barallobre, Maite Sánchez e Aloia Murado. En alevín impúxose a pontesa África Morais, por diante da ferrolá Aroa Permuy e a pontesa Celia Durán. En masculino, o gañador foi Hugo Blanco, seguido de Raúl Gil e Marcos Margharetto.

Ana Vallines, de Lourenzá, foi a vencedora en infantil, por diante de Ainhoa García, de Cedeira, e Irea Ferreiro, de Begonte. O podio masculino estivo composto por Raúl Freire, de Cedeira; Pablo Rodríguez, de Narón, e Xoel Trastoy, das Pontes.

As tres primeiras clasificadas na categoría cadete foron Cristina Pérez, Carla Franco e Uxía Rodríguez. Na modalidade masculina impúxose o pontés Oliver Núñez, mentres que o cedeirense Ricardo Freire foi segundo e o tamén pontés Carlos Fernández, terceiro.

Máis en Atletismo
Comentarios