[Sábado 23.59]

Con Kevin empezou todo

O reguetonero colombiano Kevin Roldán, o favorito de Cristiano Ronaldo, actuará este sábado na sala Sugar de Lugo para presentar as cancións do seu último disco, KRING
Kevin Roldan.EP
photo_camera Kevin Roldán.EP

A SALA Sugar de Lugo acollerá o sábado un dos concertos máis mediáticos dos seus últimos tempos. O reguetonero Kevin Roldán, famoso por animar a festa de aniversario de Cristiano Ronaldo en 2015, e protagonista da frase viral de Gerard Piqué, "¡Kevin Roldán, contigo empezou todo!", animará mañá a noite lucense cunha actuación que arrincará case a medianoite,  as 23.59 horas.

O colombiano interpretará cancións do seu último traballo, KRING (2019) e repasará varios dos seus temas máis coñecidos, como Si no te enamoras —a favorita do futbolista portugués—, Una noche más ou Nadie como tú (eres mi droga).

Os apaixonados do reguetón que queiran gozar desta sorprendente actuación, poden adquirir as entradas a través de internet ou na propia sala. Os prezos oscilan entre os 11 e os 206 euros, por se alguén decide ver a Kevin desde un reservado.

Máis en Agenda
Comentarios