miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

A Xunta remata as obras de mellora da estrada LU-721 na Fonsagrada

Javier Arias. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)
Javier Arias. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora do firme da estrada LU-721 ao seu paso pola Fonsagrada.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou a finalización dos traballos, que foron executados cun orzamento de 68.000 euros.

A actuación consistiu na rehabilitación do firme mediante o estendido dun dobre tratamento superficial no treito que discorre entre os puntos quilométricos 8+000 ao 12+000.

Ao mesmo tempo, nos oito primeiros quilómetros desta vía tamén se fixeron reparacións puntuais do pavimento naquelas zonas que o precisaban. Unha vez concluídos os traballos, procedeuse ao repintado da sinalización horizontal nos 12,2 quilómetros de lonxitude deste treito, que conecta a capital fonsagradina coa parroquia de Vilabol de Suarna.

Arias destacou que a Xunta leva investidos no últimos cinco anos preto de 1,8 millóns de euros na mellora das comunicacións viarias na Fonsagrada. Lembrou que no ano 2017 se destinaron 100.000 euros ao acondicionamento da LU-530, e que en 2019 o Goberno galego executou melloras en puntos das vías LU-701, LU-703 e LU-740, por valor de 1,62 millóns. Ademais, a Xunta ten actualmente en marcha outras obras na zona.

A Xunta remata as obras de mellora da estrada LU-721 na Fonsagrada
comentarios