Viticultores de Terras do Navia visitan a produtores da IXP Barbanza e Iria

Promoveu o encontro a área de medio rural da Deputación, para mostrar aos adegueiros da Montaña proxectos doutros territorios
Un momento da visita
photo_camera Un momento da visita. EP

Viticultores que participan no programa formativo para a recuperación da produción do viño no territorio da futura IXP Terras do Navia, financiado pola área de medio rural da Deputación, realizaron en días pasados unha visita didáctica e de intercambio á zona amparada pola IXP Barbanza e Iria, para coñecer a experiencia de produtores xa consolidados no sector.

Entre outras actividades, estes produtores ancareses visitaron as instalacións e viñedos das adegas Torres Augusti, en Valga; C.A.Saborido, en Boiro, e Entre Os Ríos, na Pobra do Caramiñal, onde lles explicaron os seus métodos de traballo.

Esta xornada de intercambio enmarcouse nun plan formativo da área de medio rural da Deputación que xa patrocinou outras propostas como cursos sobre poda, a defensa vexetal e o control de pragas, así como encontros sobre a oportunidade que supón a creación da IXP Terras do Navia.

Comentarios