Veciños do Courel e O Cebreiro denuncian horas de incomunicación pola neve da LU-1301

Aseguran que a vía quedou intransitable na tarde do venres e que este sábado, tras o traballo das máquinas de limpeza, pódese comezar a usar

Veciños de Folgoso do Courel e Lousada, en Pedrafita do Cebreiro, denuncian que estiveron incomunicados entre a tarde do venres e preto do mediodía deste sábado pola neve acumulada na estrada LU-1301. 

Aseguran que é o seu único acceso á autovía A-6 e que se atopaban "incomunicados ante unha emerxencia", ata que na mañá deste sábado chegaron máquinas de limpeza e a vía comezou a estar transitable.

Comentarios