O veciño de Pedrafita Manuel Carballo cumpre 100

Este xoves é o seu centenario, pero xa celebrou a data cos seus fillos, netos e bisnetos

O municipio de Pedrafita do Cebreiro conta desde este xoves cun novo centenario. Concretamente, na parroquia de Louzarela, están de celebración. Aínda que xa o festexou recentemente en compañía dos seus tres fillos, cinco netos e tres bisnetos, este xoves cúmprense exactamente cen anos desde que Manuel Carballo Montero viñese ao mundo o 10 de xuño de 1921 no mesmo lugar no que reside na actualidade.

O home, que mantén hábitos tan saudables como saír a pasear practicamente a diario, é moi querido e apreciado por todos quen o tratan.

Ese agarimo tan especial quíxollo expresar a súa familia, ao entregarlle unha placa na que se pode ler: "En mostra e recoñecemento a toda unha vida de traballo, esforzo e dedicación, a túa familia e achegados deséxanche Felicidades polas túas 100 anos".

Comentarios