Unha veciña das Nogais resultou ferida nun aparatoso accidente en Becerreá

O sinistro produciuse na estrada que une a capital becerrense con Sarria

O vehículo accidentado en Becerreá. EPUnha muller, veciña do municipio das Nogais, resultou ferida leve nun accidente de tráfico rexistrado este xoves en Becerreá. 

O sinistro produciuse ao redor das 13.50 horas no quilómetro 27 da LU-636, que conecta Becerreá con Sarria. O vehículo saíuse da vía e precipitouse por un terraplén. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos do subsector de Tráfico de Lugo, do GES de Becerreá e de Urxencias Médicas.