UU AA critica a inacción da Xunta ante a praga de ratas de Becerreá e Triacastela

O sindicato denuncia que, sete meses despois de que os produtores denunciasen os danos, os técnicos de Medio Rural "aínda están a tratar de identificar o tipo de animal invasor"
Uno de los prados afectados por las ratas. EP
photo_camera Un dos prados afectados polas ratas. EP

O sindicato Unións Agrarias (UU AA) lamentou que a Consellería do Medio Rural non inicie "de forma inmediata" medidas "de control efectivas" para tratar de erradicar a praga de ratas topo que está fulminando os cultivos de forraxes e os prados nos municipios de Becerreá e Triacastela.

O responsable da oficina comarcal de UU AA en Sarria, Miguel Tomé, asegurou que, "segundo se desprende das declaracións do Director Xeral de Gandaría, José Balseiros, sete meses despois de que os produtores denunciasen os danos que está a provocar esta praga, os técnicos da Xunta aínda están a tratar de identificar o tipo de animal invasor".

Por todo iso, o sindicato tamén lle esixe á Xunta de Galicia que "os gandeiros non se vexan prexudicados nas inspeccións de campo para o cobro das axudas da PAC que están a realizar estes días os inspectores do FOGGA", dado que "se os prados están esnaquizados foi pola inoperancia" da propia administración galega, que deixou avanzar a praga sen control pola montaña de Lugo".

De feito, UU AA pide que sexan activados "mecanismos de axuda similares aos decretados no Principado de Asturias, cando en 2017 sufriu unha praga similar de ratas topo". "Naquela ocasión", recorda, "os gandeiros asturianos cobraron 700 euros por hectárea nas praderías de sega e 380 euros nas praderías de pastoreo".

Lamenta o sindicato a "frivolidade" do conselleiro de Medio Rural, José González, quen lle deu, segundo UU AA, unha "importancia relativa" a esa praga que se estende "sen control".

Comentarios