Un pequeno tremor sacudiu Navia de Suarna este luns

O terremoto produciuse ás 14.47 horas e presentou unha magnitude de 2,9 graos 
Lugar del terremoto
photo_camera Lugar do terremoto. IGN
O municipio lucense de Navia de Suarna foi epicentro dun terremoto de case tres graos que se rexistrou ás 14.47 horas deste luns.
 
O tremor, de 2,9 graos na escala mbLg, segundo o Instituto Xeográfico Nacional, non causou danos nin foi percibido pola poboación.
 
O fin de semana houbo outros tres pequenos sismos. Dous deles tiveron lugar en Barbadás (Ourense) o sábado e domingo, ambos con 2,5 graos de magnitude. O terceiro, de 2,3, foi en pleno océano Atlántico, fronte á costa da Coruña. 

Comentarios