Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Unha ferida grave ao caer co seu coche por un barranco en Cervantes

Una mujer cae por un barranco con su coche en Cervantes. EP
Una mujer cae por un barranco con su coche en Cervantes. EP

A condutora foi evacuada en helicóptero ao Hula

Unha muller de 44 anos resultou ferida grave na tarde deste domingo logo de caer por un barranco co vehículo que conducía. 

O accidente ocorreu sobre as 16.00 horas, no lugar da Horta, en Lamas, no municipio de Cervantes.Un particular chamaba, a esa hora, ao 112 Galicia para alertar do suceso. Indicaba que o coche caese por un barranco, escoitaba berros pero non vía a ninguén. Uns minutos máis tarde, xa se confirmaba que unha única persoa viaxaba no vehículo. 

Ademais do personal sanitario, ata o lugar dos feitos desrazáronse efectivos do GES de Becerreá, Protección Civil de Cervantes e axentes de Tráfico. Debido á gravidade das lesións, o 061-Urxencias Sanitarias desprazou tamén un helicóptero ata o lugar, que tomou terra nun lugar moi preto onde ocorreron os feitos.

Unha vez os servizos de urxencia alí desprazados estabilizaron á vítima, a aeronave trasladouna ao Hula.

Unha ferida grave ao caer co seu coche por un barranco en Cervantes