Os traballadores do Concello da Fonsagrada dan negativo na PCR

As dependencias municipais pecharon o xoves debido a un positivo
Concello de A Fonsagrada. SEBAS SENANDE
photo_camera Concello da Fonsagrada. SEBAS SENANDE

O Concello da Fonsagrada anunciou que as PCR realizadas aos seus traballadores deron todas negativo. As probas realizáronse despois de que o pasado xoves aparecese un positivo nas oficinas municipaiso que obrigou ao Concello a pechar as súas instalacións. 

A entidade municipal anunciou este sábado o negativo entre os seus traballadores, aínda que algún deles terán que gardar corentena polo contacto estreito co positivo

O Concello anunciou que o as oficinas xa estarán operativas "dentro do que cabe, debido a non contar con todos vos efectivos". 

Comentarios