jueves. 06.08.2020 |
El tiempo
jueves. 06.08.2020
El tiempo

Un touro da Fonsagrada sementa o pánico ao chegar a un matadoiro de Asturias

O touro, na leira onde se refuxiou. EP
O touro, na leira onde se refuxiou. EP
O animal, de case 700 quilos, escapouse e percorreu un quilómetro polas rúas do pobo ata chegar a unha leira onde se refuxiou toda a noite

Un touro dun criadeiro da Fonsagrada deu un bo susto o pasado martes aos veciños da localidade asturiana de Medal. O animal escapouse sobre as sete da tarde, cando ía entrar no matadoiro de Jarrio, e percorreu case un quilómetro polas rúas próximas ata que chegou a unha leira na que se refuxiou.

O gandeiro fonsagradino de cuxa explotación procedía o animal, de dous anos de idade e case 700 quilos de peso, explicou este luns a este xornal que, a pesar dos seus anos de experiencia é a primeira vez que presencia algo así.

"O animal estaba tenso, asustouse e fuxiu. Pero o peor é que estaba nun estado moi agresivo, polo que o que fixen foi coller o coche e ir tras el para tratar de tornalo e afastalo da xente".

O animal chegou así a unha leira na que se refuxiou toda a noite. "Estaba moi nervioso, así que volvín ata A Fonsagrada a por unha vaca para ver se con ela se tranquilizaba". Cando amenceu e tras vixialo toda a noite, se sedó ao animal cuns dardos tranquilizantes, algo que se logrou, con algún que outro contratempo, ás tres da tarde. Como estaba previsto, acabou no matadoiro.

Un touro da Fonsagrada sementa o pánico ao chegar a un matadoiro de...
comentarios