Territorio Verde busca voluntarios para limpar vertedoiros incontrolados en Cervantes

O obxectivo é "recuperar zonas danadas por desastres medioambientais"

Cervantes. J.VÁZQUEZ
photo_camera Cervantes. J.VÁZQUEZ

O colectivo cervantego Territorio Verde busca voluntarios que colaboren para limpar vertedoiros incontrolados no municipio. A primeira actividade levará a cabo o día 2 de febreiro. Desde a agrupación sinalan que esta iniciativa pretende "recuperar zonas danadas por desastres medioambientais e facer delas un modo de vida digno e seguro para todos".

Os membros do grupo animan a todos os interesados a anotarse nesta iniciativa "para contribuír a devolver o brillo perdido a esta zona dos Ancares".

INSCRIPCIÓN. Para formar parte do batallón de limpeza de Territorio Verde só fai falta anotarse no correo [email protected] antes do día 28 de xaneiro. Os inscritos participarán por rigorosa orde de inscrición ata completar as prazas.

Esta asociación naceu en Cervantes coa finalidade de impulsar "a vida no rural". Proponse, entre outras accións, levar a cabo actividades de sensibilización e recuperación ambiental, así como axudar a colectivos de todo tipo.

Comentarios