Os taxistas fonsagradinos estudan medidas contra a denuncia dunha colega

O sector lamenta que este feito embace a imaxe do colectivo

Fotografía tomada por la denunciante, el día en el que dice que no se le permitió acceder a la parada.EP
photo_camera Fotografía tomada pola denunciante, o día no que di que non se lle permitiu acceder á parada.EP

Os taxistas da Fonsagrada reuniranse este mércores para analizar e estudar as posibles medidas a tomar contra a compañeira que denunciou a dous deles por acoso laboral e insultos.

O sector lamenta que este feito embace a imaxe dun colectivo que, segundo explica a outra muller que actualmente exerce como taxista na vila, "sempre estivo moi unido e no que se mantén unha excelente relación entre todos os que o formamos".

Esta mesma muller afirma que nos once anos que leva exercendo como taxista "nunca me sentín discriminada polo feito de ser muller" e explica que antes dela "houbo outras moitas traballando non mesmo, incluso a nai da denunciante, e nunca se deu nin o máis mínimo problema".

Esta muller tamén explica que o sector fixo piña en defensa dos dous compañeiros denunciados, "que son unhas persoas excelentes", e anuncia que na reunión deste mércores decidirán se toman algún tipo de medida legal contra a denunciante ao considerar "falso" o seu testemuño.

Comentarios