Sorprendidos cando roubaban cun guindastre unha báscula para camións en Becerreá

Trataban de cortar cun soplete a báscula, valorada en 18.000 euros
Material incautado a los ladrones. EP
photo_camera Material incautado aos ladróns. EP

Axentes da Garda Civil sorprenderon a dous veciños de León, de 68 e 66 anos, cando intentaban roubar supostamente unha báscula para camións nas instalacións dunha empresa situada no municipio de Becerreá.

Segundo informou a Garda Civil, os axentes sorprendéronos aos supostos ladróns cando trataban de cortar a báscula –valorada polo seu propietario en 18.000 euros– cun soplete, que logo pretendían cargar con axuda dun camión-guindastre.

O guindastre que pretendía roubar. EP

Os gardas interviñeron os seus vehículos e os útiles que supostamente empregaron para perpetrar o delito: un soplete, luvas, prismáticos, unha pata de cabra, coitelos, unha caixa de ferramentas e os aparellos que usaban para comunicarse.

Ambos foron postos a disposición do xulgado de Instrución de Becerreá.

Comentarios