Román Rodríguez resalta a importancia do patrimonio etnográfico e cultural da montaña lucense

O conselleiro de Cultura realizou unha visita ao conxunto das pallozas do Cebreiro, onde desde o pasado 8 de outubro permanece instalada unha exposición de postais do Camiño 
Román Rodríguez en su visita al Cebreiro. CEDIDA
photo_camera Román Rodríguez na súa visita ao Cebreiro. CEDIDA

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou este luns a importancia do patrimonio etnográfico e cultural da montaña lucense, nunha visita ao conxunto das pallozas do Cebreiro, onde desde o pasado 8 de outubro permanece instalada unha exposición de postais do Camiño incluída no programa O Teu Xacobeo. 

A mostra, situada na coñecida como Palloza do Quico, ten carácter itinerante e percorrerá os doce concellos galegos polos que atravesa o Camiño Francés entre outubro de 2019 e marzo de 2020. 

Durante a súa visita, o titular de Cultura puxo en valor a riqueza patrimonial desta zona da provincia de Lugo e do conxunto etnográfico das Pallozas do Cebreiro, onde se están acometendo traballos por preto de 200.000 euros para conservación e mantemento nas cubertas e contorno das pallozas de Campelo, Galán, do Quico e na Palloza Museo. 

Román Rodríguez destacou a importancia desta actuación, ao realizarse nun emprazamento que cualificou como "unha das portas de Galicia", Pedrafita do Cebreiro, o primeiro concello galego do Camiño Francés. Neste sentido, recordou que a previsión é que os traballos terminen a finais de ano, na antesala do Xacobeo 21. 

Rodríguez trasladouse tamén ao veciño Concello de Cervantes para analizar as necesidades do castro de Santa

Ademais, o responsable de Cultura visitou o albergue da rede pública da Xunta instalado nesta localidade lucense, un establecemento situado nun emprazamento "estratéxico" e que ofrece máis de 100 prazas.

SANTA MARÍA DE CERVANTES. Por outra banda, Rodríguez trasladouse tamén ao veciño Concello de Cervantes para analizar as necesidades do castro de Santa, tras a súa recente declaración como Ben de Interese Cultural. 

Alí, destacou que se trata dun xacemento "crave" para comprender a transición ao mundo romano á vista das súas características e dos seus valores culturais singulares. 

En virtude disto, a Xunta de Galicia avaliará e planificará actividades de futuro que poñan en valor o castro como un referente da minería castrexa, contribuíndo así a reforzar o seu atractivo turístico. 

Comentarios