O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou na noite do xoves o venres, ás 21.54 horas, un terremoto de 1,6 graos de magnitude con epicentro en Baralla, a dez quilómetros de profundidade.
O pequeno tremor súmase aos rexistrados nos últimos días na comunidade galega, en concreto en Allariz e Ribeira.