O restaurante Neireo gaña o concurso de tapas de Baleira

A sexta edición do certame rexistrou unha grande afluencia de público durante a fin de semana ► Entre os clientes que completaron a ruta sorteáronse dúas cestas
Un momento da entrega da primeira cesta do sorteo. EP
photo_camera Un momento da entrega da primeira cesta do sorteo do concurso de tapas de Baleira. EP

O concurso de tapas de Baleira, que confirmou na súa sexta edición o seu tirón ao servirse entre o venres e o sábado numerosas racións, xa ten gañador. O restaurante Neireo foi o que sumou máis votos nun certame no que tamén tiveron moi boa aceptación as propostas dos outros locais participantes: o Moneda, segundo clasificado, seguido do Recuncho D'Vane e A Marronda, terceiro e cuarto respectivamente.

O concurso, organizado polo Concello e a asociación de hostalaría en colaboración con Apehl, tamén incluíu o sorteo de dúas cestas entre o público consumidor. Foron parar aos veciños Julio Manuel e Ana Belén, tendo lugar a entrega ao primeiro afortunado.

Comentarios