A residencia de Navia de Suarna comezará a funcionar a mediados de outubro

O presidente da Deputación avanza que xa hai unha vintena de solicitudes para entrar no centro
El alcalde de Navia de Suarna y el presidente de la Diputación, en una imagen de archivo. AEP
photo_camera O alcalde de Navia de Suarna e o presidente da Deputación, este xoves. EP

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este xoves que o centro de atención a maiores de Navia de Suarna comezará a funcionar no mes de outubro. Así o dixo logo de asinar co alcalde, José Fernández, o convenio específico necesario para a posta en marcha das instalacións, durante unha xornada de portas abertas organizada pola institución provincial na que numerosos veciños coñeceron unhas instalacións que contarán con 30 prazas e darán emprego a 25 persoas

O convenio asinado supón un investimento de máis de 3 millóns de euros ata o ano 2025, garante a prestación pública do servizo e establece a prioridade de acceso ás prazas para os veciños de Navia de Suarna, seguidos dos de municipios limítrofes e do resto da provincia. 

No texto, a Deputación comprométese a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais. Pola súa banda, o Concello garante que colaborará coa institución provincial e fará as achegas económicas previstas. 

"Este xoves solicitamos o permiso de inicio de actividade á Xunta de Galicia, e esperamos que dea unha resposta canto antes", avanzou José Tomé, quen engadiu que xa hai unha vintena de solicitudes para entrar ao centro.

Comentarios