Reclaman a retirada de lixo da Cova do Furco, en Becerreá

Patrimonio dous Ancares solicita que se investiguen os períodos de ocupación humana da cavidade
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Entrada da Cova do Furco

Patrimonio dous Ancares solicita á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e ao Concello de Becerreá a retirada do lixo depositado na entrada da Cova do Furco, así como que acometan iniciativas para estudala e pola en valor. O portavoz deste colectivo, Xabier Moure, subliñou que a "enorme cantidade de lixo" impide o acceso ao interior.

Integrantes desta asociación visitaron esta cavidade co fin de comprobar o seu estado e de demandar que se fagan traballos arqueolóxicos para determinar a antigüidade dos distintos períodos de ocupación do lugar.

Nos anos trinta do século pasado, o mestre do Cerelixal Gonzalo Martín e o estudante Blas Ferreiro acharon nesta cova anacos de hastas de animais, ósos humanos e pezas metálicas como unha maza e un puñal de antenas de bronce. Este último data dos séculos 700 e 500 antes de Cristo, segundo un estudo do historiador Ángel del Castillo. Hai referencias sobre a existencia de pinturas rupestres no lugar.

A Cova do Furco está catalogada por Patrimonio desde 1991. é a única dos Ancares, xunto coas de Valdavara, onde se documentou a presenza humana na Prehistoria.

Comentarios