Unha profesora fonsagradina con teletraballo leva 15 días sen que lle arranxen internet

Lamenta que en los últimos días tuvo que utilizar su móvil para corregir las actividades de los alumnos
Una mujer trabaja delante del ordenador.PIXABAY (Kaboompics)
photo_camera Unha muller traballa diante dun computador. PIXABAY (Kaboompics)

Gloria Fernández Blanco, profesora do instituto Fonte Albei da Fonsagrada, atópase nunha situación surrealista. Unha avaría deixouna sen internet, nin teléfono fixo, desde o día 4. Esta circunstancia supón un grande obstáculo para desenvolver o seu labor a través do teletraballo. "Non poido usar o ordenador. Nos últimos días tiven que corrixir polo móbil, co consecuente dificultade e esforzo visual, á parte de gastar todos os meus datos para seguir os deberes e as clases dixitais". 

A compañía Eurona, que fornece internet por satélite a fonsagradinos residentes na zona rural, contestoulle que a situación se debe á avaría nunha antena, provocada polo temporal que se desatou esa xornada na provincia de Lugo. "Chamo case a diario, pero non fan a reparación", asegura Fernández Blanco, que reside en casa da súa nai, que é a titular da liña, na parroquia de Lamas de Campos. A denunciante precisou que nunca viviu un feito similar. "Temos avarías con certa frecuencia, a última delas en abril, pero non tardaban máis de dous días en arranxalas", afirmou. 

Esta docente trasladou a situación ao alcalde, Carlos López, que se comprometeu a remitir un escrito a Eurona para darlle a coñecer as queixas dos usuarios e reclamar unha solución. Esta empresa foi pioneira na cobertura de internet vía satélite en zonas rurais de Lugo.