jueves. 29.07.2021 |
El tiempo
jueves. 29.07.2021
El tiempo

Un dos primeiros usuarios dá nome á nova residencia de Pedrafita

Inauguración de la nueva residencia de Pedrafita. VICTORIA RODRÍGUEZ
Residencia de Pedrafita do Cebreiro. AEP
Manuel Villasol foi tenente de alcalde durante case 30 anos ► Tomé, na inauguración do centro: "Marcará un antes e un despois no municipio"

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, inaugurou este venres o Centro de Atención a Maiores 'Manuel Villasol', na localidade de Pedrafita do Cebreiro, logo dunha investimento de dous millóns de euros para satisfacer "unha reivindicación histórica".

A residencia de Pedrafita debe o seu nome a Manuel Villasol, tenente de alcalde durante case 30 anos en Pedrafita do Cebreiro e que, ademais, será un dos primeiros usuarios en ingresar no centro. En declaracións aos medios de comunicación, Tomé precisou que esta nova residencia "marcará un antes e un despois no municipio, pola súa función social" e pola creación de "25 empregos directos", co consecuente "efecto multiplicador na economía" da zona.

Os futuros usuarios deste centro de maiores, que conta con 30 prazas de residencia e 20 de centro de día, tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións, antes de que comecen, a próxima semana, os preingresos. Trátase da sexta residencia de maiores inaugurada pola Deputación na provincia de Lugo, logo das que abriu en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde.

"O noso obxectivo é que as persoas que entran a vivir aquí se sintan como na súa casa. Que este sexa o seu fogar e que aquí formen unha nova familia. Esta é unha das garantías que ofrece o noso modelo de xestión pública, de calidade, de pequenos centros e con atención personalizada", dixo Tomé. 

Un dos primeiros usuarios dá nome á nova residencia de Pedrafita
comentarios