A primeira nevada do outono deixa acumulacións de diez centímetros en Pedrafita

As máquinas quitaneves saíron á primeira hora da mañá cara a lugares como Ferreiro, o alto de Rubiais ou o núcleo de Louzarela

A primeira nevada deste outono na Montaña de Lugo deixou acumulacións de ata 10 centímetros en cotas altas de Pedrafita do Cebreiro, o que obrigou a mobilizar ás máquinas quitaneves do Concello para facilitar o paso dos vehículos polas estradas locais, segundo informou o alcalde da localidade, José Luís Raposo.

O rexedor local explicou que as máquinas quitaneves do Concello de Pedrafita saíron á primeira hora da mañá cara a lugares como Ferreiro, o alto de Rubiais ou o núcleo de Louzarela, precisamente para garantir que os veciños desas zonas, en cotas altas do municipio, puidesen transitar pola rede viaria local con normalidade.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo confirmou a EFE que a primeira hora da mañá estivo prohibido o tránsito de camións pola estrada autonómica LU-633, entre os quilómetros 0 e 18, no municipio de Pedrafita do Cebreiro.

Tamén se rexistraron algunhas incidencias leves en estradas locais e provinciais entre Pedrafita e O Courel, pero ningunha vía da rede principal resultou afectada.

A neve tamén fixo acto de presenza na zona da Fonsagrada, pero tamén sen provocar incidencias graves.

Comentarios