Pregón no Cádavo con chiscadela ao despoboamento

Pregón en O Cádavo. AÍDA SOENGAS
photo_camera Pregón no Cádavo. AÍDA SOENGAS

O DIRECTOR do Progreso e veciño do Cádavo, Afonso Riveiro, deu o pistoletazo de saída ás festas de San Cristovo cun pregón marcado polo agradecemento á súa terra e a preocupación polo despoboamento. O xornalista falou das súas vivencias infantís, profundou na historia do Cádavo e resaltou o gran paraíso natural que alberga. Se algo lamenta —dixo— é que Baleira faga honra ao seu nome coa sangría demográfica que sofre e para a que pediu solucións. Aos seus veciños deulles as grazas por acollerlle con tanto "agarimo" e axudarlle a ser mellor persoa.

O director do Progreso, que se mostrou orgulloso de ser "profeta" da súa terra por un día, foi presendo polo alcalde, Ángel Enrique Martínez Puga.

Comentarios