Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

O PP acusa ao Concello fonsagradino de arranxar accesos privados en lugar de vías publicas

Un asfalto que critica o PP. EP
Un asfalto que critica o PP. EP

Os populares recollen mediante un comunicado as queixas veciñais e culpan ao Goberno local dun "trato discriminatorio" 

O PP da Fonsagrada acusa ao goberno local de ter un "trato discriminatorio" cos veciños ao empregar diñeiro público para "o asfaltado de accesos a leiras privadas", mentres que hai pistas públicas de acceso a núcleos que están "desfeitas desde hai anos e ás que non destinan nin un céntimo".

O PP local, a través dun comunicado, di recoller "as queixas veciñais xeneralizadas" e asegura que se acrecentaron ao saír á luz algún escrito no que afectados acusan ao Concello dese asfaltado de pistas privadas.

O PP da Fonsagrada censura que o alcalde, o socialista Argelio Fernández Queipo, "aprobe este tipo de actuacións cando mantén vías públicas en mal estado, a pesar de que esa situación afecte á prestación de servizos básicos aos veciños".

Ademais, os populares consideran que a culpa "non é de quen lle solicita o asfaltado na súa leira, senón do rexedor por non entender as competencias do Concello".

Ante esta situación, o PP mostra o seu rexeitamento a esa "diferenciación non trato" e subliña incluso que se trata dunha "burla" ao resto de veciños. Por iso, pídelle explicacións ao goberno local e, ademais, insta a que repare as vías públicas "en mal estado" con urxencia, para acabar con ese "trato discriminatorio" e dar servizo a todos.

O PP acusa ao Concello fonsagradino de arranxar accesos privados en...
Comentarios