Piden a instalación dun valado enterrado para evitar os danos da rata

As asociacións animalistas apostan por empregar medidas non letais para liquidar o problema
Uno de los prados afectados por las ratas. EP
photo_camera Un dos prados afectados polas ratas. EP

Hai uns días Unións Agrarias lanzaba un "berro desesperado" á Xunta para que actuase ante os danos ocasionados en prados  a montaña de Lugo por unha praga de ratas, que afecta a máis de 3.000 hectáreas en varios municipios. 

Agora desde a Asociación Animalista Libera tamén se pronunciou, mostrando  a súa preocupación polo posible adopción de medidas letais para tratar de controlar a poboación de roedores,

Desde a organización han avanzado a necesidade de que os poderes públicos traballen con accións previsoras e non de reacción á problemática.

Os animalistas propoñen unha convocatoria de axudas urxentes para os agricultores afectados, así como pór a disposición das empresas e autónomos agrarios subvencións para implementar medidas preventivas, como podería ser o valado reforzado.

Desde Libera apuntan a que esperan que "a Consellería de Medio Rural non imite á súa homóloga de Medio Ambiente nas 'solucións' para evitar a presenza de xabarís en cultivos, estradas ou zonas urbanas, cuxa única proposta foi declarar a "urxencia cinexética temporal" en trinta e tres municipios galegos permitindo o seu caza os 7 días da semana".

Comentarios