Patrimonio dos Ancares denuncia danos nunha mámoa de Becerreá ao botarlle esterco

Detectaron na parroquia de Fontarón que a mámoa máis grande dese municipio sufrira unha agresión

La mámoa dañada en Becerreá. EP
photo_camera La mámoa dañada en Becerreá. EP

O colectivo Patrimonio dos Ancares denunciou danos provocados nunha mámoa de Becerreá polo depósito de esterco para abonar unhas leiras.

Segundo explicou o seu portavoz, Xabier Moure, varios membros da entidade detectaron na parroquia de Fontarón que a mámoa máis grande dese municipio, a de Chao de Marco, sufrira unha agresión, ao depositarse neses terreos "dous camións de esterco de granxa de polos, porque o cheiro característico e as plumas así o delataban".

Moure asegura que eses vehículos pesados deixaron "rodeiras sobre o túmulo, e tamén ven rodeiras de tractor para cargar o esterco e levalo para abonar outros terreos, o que lle ocasionaron ao enterramento un sucos considerables".

Comentarios