O equipo de debate do IES de Becerreá acaba segundo no Parlamento Xove

Está formado por catro alumnas de 4º diso
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Jesús (coordinador) con Ainhoa, Anne, Alba e Nerea

Unha pandemia global non é suficiente para que o IES de Becerreá deixe de debater. Anne Rodrígez, Alba Busto, Nerea López e Ainhoa Fernández son as catro alumnas de 4º diso que se presentaron este curso ao Parlamento Xove. "Se participamos é porque elas quixeron facelo", sostén o xefe de estudos do centro, Jesús Folgueira, que leva cinco anos como coordinador nesta liga de debate.

A primeira fase do concurso realizouse unha semana antes do confinamento por Covid-19 na Coruña. Alí, as mozas clasificáronse para a rolda final, que levou a cabo o 29 de xuño por videollamada. "Ese día reunímonos no instituto. Cada unha conectou o seu computador á rede wifi e utilizamos uns cascos gamer", explica a oradora inicial do equipo, Anne Rodríguez. "Houbo algún problema técnico coas cámaras pero o solucionamos facilmente", declara a moza de 16 anos.

O equipo becerrego preparou dúas posturas diferenciadas, a favor e en contra, sobre se se deberían incrementar as sancións para as persoas e empresas que non respectan o medio ambiente. "Ou máis importante é saber improvisar e levar a contraria", declara Alba Busto desde o seu rol como refutadora. Máis aló das súas opinións persoais, as debatientes aprenden a defender unha visión concreta do tema a debater.

A pesar de ser a súa primeira vez como integrantes deste grupo de debate, as catro alumnas conseguiron o segundo posto no concurso, detrás do CPR Plurilingüe Sacra Familia de Vilagarcía de Arousa que resultou gañador desta undécima edición do Parlamento Xove.

Traballo e constancia son os dous adxectivos que mellor definen ao equipo, e é que elas non deixaron de practicar e buscar novos argumentos desde as súas casas. "Ensaiamos online por videollamada e tamén de forma individual", di Anne. "As dúas semanas antes dá final comezamos a debater entre nós de forma presencial", manifesta Alba. As novas promesas realizaban quedadas online co seu coordinador para organizar o traballo. "Tomamos todas as medidas de precaución necesarias para ensaiar e para levar a cabo a final no centro educativo", asegura o xefe de estudos e profesor de Bioloxía do IES Becerreá.

"Xa non me dá tanta vergoña falar en público", afirma Anne, que se apuntou a esta liga de debate para superar o seu medo escénico. "Creo que é unha boa oportunidade para o futuro", di convencida. Do mesmo xeito, Alba tamén ten a intención de continuar formándose neste ámbito da oratoria, que sen dúbida, é un gran exercicio de documentación e seguridade que só se pode conseguir con esforzo.

O instituto recibiu as indicacións para a fase final dúas semanas antes da última rolda. "Non cambiaron o tema a debater con respecto á primeira fase porque avisaron con pouco tempo de antelación debido á corentena", explica Jesús. "Como levamos tanto tempo participando, esperamos ata o último momento para ver cales eran as pautas que nos daban", di.

As alumnas recoñecen que o debate foi diferente e que a quenda de preguntas foi "o máis difícil", xa que é o que require unha maior reciprocidad por parte dos equipos debatientes. "Ao final organizouse bastante ben. Houbo pequenos problemas informáticos pero é normal", sostén Alba.

O IES de Becerreá é considerado un dos rivais máis fortes no Parlamento Xove e é que o instituto leva participando en torneos de debate desde 2008. Con toda unha gran tradición ás súas costas, o centro becerrego continuará formando parte destas sesións parlamentarias. Pase o que pase, os alumnos seguirán debatendo.

Comentarios