A neve deixa a Cervantes sen o 'senlleiro' carballo de Quindous

O peso da neve derrubou esta árbore catalogada como árbore senlleira de Galicia

El Caroco caído. CRTVG
photo_camera O Caroco caído. CRTVG

Entre os moitos danos provocados polas nevadas dos últimos días, en Cervantes lamentan especiamente os que sufriu o carballo de Quindous, declarada árbore senlleira de Galicia e que non puido soportar o peso da neve nas súas ramas. 

Na praza desta aldea cervantega hai outra árbore considerada senlleira, un rebolo. Os seus veciños, sabedores da riqueza natural que atesouran, lamentaban este martes, en declaracións á TVG, a perda de Caroco, como era coñecido este carballo de varios séculos de vida e que tiña un característico buraco. 

Tamén coinciden en sinalar que os danos na árbore se poderían ter evitado se se podou a tempo.

Comentarios