martes. 10.12.2019 |
El tiempo
martes. 10.12.2019
El tiempo

Restricciones en varias carreteras y más de 800 alumnos sin clase por la nieve

Neve en Pedrafita. AEP
Neve en Pedrafita. AEP
La flota permaneció amarrada en A Mariña ► Galicia registra más de 700 incidencias, 56 de ellas en la provincia de Lugo

A neve que xa fixo acto de presenza, nalgúns momentos de forma copiosa, na Montaña de Lugo obrigou á primeira hora deste xoves aos axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil a "embolsar" camións na Autovía do Noroeste (A-6) na zona de Gomeán, así como a restrinxir o paso de vehículos articulados pola zona de Pedrafita do Cebreiro.

De feito, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a circulación estivo condicionada e restrinxida ao paso de vehículos pesados desde as 07:38 horas entre os quilómetros 430 e 438, ou o que é o mesmo, entre Pedrafita do Cebreiro e Doncos. Así mesmo, quedou prohibida a circulación de vehículos articulados e camións na estrada autonómica LU-633, entre o quilómetro 0, en Pedrafita do Cebreiro, e o punto quilométrico 19, situado xa no municipio veciño de Triacastela.

Tamén se recomendaba precaución aos condutores para circular polo Alto do Faro, no municipio de Chantada, e pola zona de Oural, en Sarria, onde tamén nevou durante a noite e á primeira hora da mañá.

Suspendidas as clases na Montaña lucense para evitar os desprazamentos polas zonas afectadas polo temporal

No Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín, tamén se recomendaba circular con precaución por mor da reducida visibilidade e os fortes refachos de vento.

Ante este fenómeno meteorolóxico adverso, con posibilidade de acumulacións de neve de ata 20 centímetros na Montaña de Lugo, a Consellería de Educación tomou a decisión de suspender as clases en toda a zona afectada. 

A provincia de Lugo é ata primeira hora deste xoves a máis afectada pola fría borrasca que motivou un nivel de alerta vermella na Coruña e Pontevedra por ondada, e na montaña de Lugo e Ourense por neve. ás oito da mañá, a temperatura máis baixa de toda a comunidade rexistrouse en Folgoso do Courel, con -0.9 graos, mentres que das estacións por encima dos 900 metros fixo máis frío en Xares, na Veiga, con -4.8 ºC pasadas as nove da mañá.

O caudal dos ríos vai en aumento, polo que existe risco de desbordamentos puntuais na contorna do Landro, Eume, Mandeo e Xallas

Tamén en Lugo é onde soprou máis forte o vento, a case 110 quilómetros por hora en Penedo do Galo, en Viveiro, esta madrugada, e choveu máis intensamente, con 15,5 litros por metro cadrado en Sambreixo, en Guitiriz, informa Meteogalicia.

Urxencias non recibiu ningún aviso por incidencias destacables, segundo detallan fontes do 112, pois o fenómeno meteorolóxico adverso empezarase a notar nas próximas horas. En todo caso, advirte de que segundo os sistemas de observación e control de Augas de Galicia, o caudal dos ríos vai en aumento, polo que existe risco de desbordamentos puntuais na contorna do Landro, Eume, Mandeo e Xallas.

Restricciones en varias carreteras y más de 800 alumnos sin clase...
Comentarios