Nenoso Ortiz: "A alcaldesa da Fonsagrada non vou ser eu"

Descarta aceptar a oferta do PP para coller o bastón de mando e desprazar o socialista Fernández Queipo
 

María Xosefa Ortiz. AEP
photo_camera María Xosefa Ortiz. AEP

A candidata á Alcaldía do BNG e única concelleira deste partido no municipio lucense da Fonsagrada, María Xosefa, Nenoso, Ortíz, descartou, en declaracións a EFE, a posibilidade de aceptar a oferta do Partido Popular para ser alcaldesa e desprazar ao rexedor socialista Argelio Fernández Queipo, que perdeu a maioría absoluta nos últimos comicios municipais.

"A alcaldesa da Fonsagrada non vou ser eu", dixo María Xosefa Ortiz, porque "a oferta do Partido Popular non é aceptable".

De momento, a candidata nacionalista mantivo unha primeira reunión co Partido Popular e outra co Partido Socialista, pero en ningún deses encontros pechouse acordo algún sobre a investidura ou acerca da formación de goberno na Fonsagrada.

Do primeiro encontro cos socialistas, recoñeceu, non saíu cos "ánimos" moi elevados, pero tamén dixo que "hai que seguir falando".

De feito, a candidata nacionalista manterá este martes unha segunda reunión co Partido Socialista.

María Xosefa Ortiz recoñeceu que ten "ofertas" de ambos os dous partidos para "entrar no goberno", dado que a edila nacionalista é a que rompe o empate a concelleiros entre socialistas e populares no pleno da Fonsagrada. 

Comentarios