Un incendio nunha cheminea da calefacción provoca enormes danos nun restaurante de Navia

O persoal e os comensais que se atopaban no comedor pronto foron desaloxados

Un incendio orixinado na cheminea da calefacción provocou enormes danos no Caserío Meiroi, negocio de restauración situado na parroquia de Mosteiro (Navia de Suarna).

O lume pronto se estendeu por todo o edificio, e aínda que non houbo que lamentar danos persoais (o persoal e os comensais que se atopaban no comedor pronto foron desaloxados), todo o que había no inmoble quedou arrasado polas chamas. 

A alerta saltou pouco logo das tres da tarde. Ata o lugar dos feitos trasladáronse membros do parque comarcal de bombeiros de Sarria e o GES de Becerreá, que lograron estabilizar as chamas.