A única facultativa coa que conta o centro de saúde de Navia de Suarna sumouse ás reclamacións dos seus compañeiros de profesión para pedir unha atención primaria pública e de calidade.
Dáse a circunstancia de que este centro é un dos lucenses que máis sobrecarga de traballo soporta, xa que ademais de dispor dun só médico, Navia é un dos municipios máis envellecidos cunha media de idade que supera os 60 anos de idade.
Entre os problemas que se atopan os usuarios é que cada vez que o médico ten que atender unha urxencia ou realizar unha visita domiciliaria a consulta debe quedar sen atención.