Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Unha muller resulta ferida nun choque na A-6 á altura de Baralla

Estado no que quedou o coche accidentado na A-6 en Baralla. EP
Estado no que quedou o coche accidentado na A-6 en Baralla. EP

O turismo que conducía colisionou cunha furgoneta na que ían tres adultos e dous nenos, que resultaron ilesos.

Unha colisión este sábado pola tarde na A-6, no termo municipal de Baralla, saldouse cunha muller ferida. O contratempo rexistrouse pouco antes das 17.00 horas, á altura do quilómetro 471,500 da autovía en sentido A Coruña, cando o turismo que conducía a lesionada chocou cunha furgoneta monovolume na que ían tres adultos e dous nenos, que resultaron ilesos.

O 112 mobilizou a axentes do subsector de Tráfico de Lugo, efectivos do GES de Becerreá, operarios de Conservación de Estradas e un equipo de Urxencias Médicas, que trasladou á accidentada a un hospital da capital lucense, en principio con feridas leves.

Unha muller resulta ferida nun choque na A-6 á altura de Baralla
Comentarios