Moure alerta do mal estado dunha ponte de madeira nunha ruta cervantega

O paso salva o río das Casas, na aldea de Fabal

Estado del puente. EP
photo_camera Estado da ponte. EP

Xabier Moure, presidente de Patrimonio dos Ancares, alerta do mal estado dunha ponte de madeira nun camiño habilitado como ruta de sendeirismo en Cervantes. Segundo detalla, ese paso salva o río das Casas, na aldea de Fabal, e está a poucos metros da estrada LU-723.

Moure subliña que a gran viga central de madeira que actuaba como soporte rompeu, polo que "resulta extremadamente perigoso cruzala". Engade que habería que asegurar varias táboas transversais e cambiar outras moi deterioradas.

Destaca que a ponte está nunha ruta moi transitada, por estar xunto á Vía XIX e ser paso obrigado para un muíño e un castro, polo que pide ao Concello que interveña.

Comentarios