Morre un veciño de Cervantes nunha saída de vía

Perdeu o control do vehículo na LU-753, ao seu paso por Becerreá
José Antonio Arias. EP
photo_camera José Antonio Arias. EP

Un veciño de Cervantes perdeu a vida nunha saída de vía cando circulaba pola LU-723, preto de Becerreá, na noite deste venres.

O falecido podería sufrir algún tipo de indisposición atopándose ao volante, polo que perdería o control do vehículo.

Ao lugar trasladáronse efectivos do GES de Becerreá, da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario.