A Montaña lucense, en alerta este luns por nevadas

Podería haber acumulacións de máis de 10 centímetros
Piornedo, en una de las últimas nevadas. ARCHIVO
photo_camera Piornedo, nunha das últimas nevadas. FERNANDO AMIGO

Este luns activouse un aviso laranxa por nevadas nas montañas do leste de Lugo e Ourense que permanecerá vixente ao longo da xornada. Mentres tanto, a costa galega continuará co nivel laranxa iniciado este domingo. 

En concreto, as zonas máis orientais de Ourense comezarán xa desde a medianoite con este aviso amarelo que prevé acumulacións de neve que poderían superar os 10 centímetros. 

En canto a Lugo, esta mesma alerta permanecerá activa desde as 3.00 da mañá e ata a madrugada do martes na fronteira coas provincias de Asturias e León, tamén con acumulacións que poderían pasar os 10 centímetros de neve. 

En toda a costa galega continuará ata as 15.00 horas da tarde do luns o aviso laranxa decretou este sábado. O fenómeno meteorolóxico no litoral está a deixar ondas superiores aos cinco metros de altura

Comentarios