Ferido de gravidade ao sufrir un envorco na Fonsagrada

Foi excarcerado tras varias horas de traballos dos servizos de urxencias
photo_camera Os traballos de excarceración duraron case tres horas. XESÚS Ponche

O condutor dun camión de madeira resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado este martes ao envorcar o vehículo que conducía ao seu paso polo termo municipal da Fonsagrada (Lugo). 

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 11,00 horas no punto quilométrico 56 da estrada LU-530 ao seu paso pola Fonsagrada. 

As mesmas fontes concretaron que o condutor deste camión de madeira tivo que ser excarcerado despois de sufrir o accidente no que quedou atrapado no seu vehículo. 

Sobre as 11,00 horas deste martes o 112 Galicia recibiu a chamada dos propios membros de Protección Civil do concello que, desde o lugar dos feitos, alertaron do sucedido. 

Nese momento, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que considerou necesaria a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense até o lugar. 

Desde o lugar dos feitos, os Bombeiros de Sarria confirmaron ao 112 que o condutor xa for a liberado. 

Comentarios