Miguel Indurain estará no Ancares Cycling Marathon

A lenda do ciclismo español portará o dorsal número 1
Los participantes en la presentación del Ancares Cycling Marathon, este viernes. SEBAS SENANDE
photo_camera Unha paisaxe dos Ancares.EP

A proba de ciclismo Ancares Cycling Marathonque terá lugar o próximo 8 de agosto a través das estradas dos Ancares, anunciou que Miguel Indurain estará na proba. 

A través das redes sociais, a organización fixo pública esta noticia. A lenda do ciclismo español portará o dorsal número 1. 

Ancares Cycling Marathon naceu como " gran fondo de carácter popular que se desenvolve no corazón do Parque Natural dos Ancares".

O percorrido permitirá coroar portos de entidade e gozar a paisaxe con áxiles descensos a través dos concellos de O Cebreiro, As Nogais, Navia de Suarna e Becerreá, todos eles na provincia de Lugo. A saída terá lugar nas inmediacións do poboo/porto de Pedrafita do Cebreiro e a chegada será catro quilómetros máis arriba, entre as rúas empedradas do emblemático poboado do Cebreiro.

Comentarios