Medio Rural repoboa con 14.100 piñeiros unhas doce hectáreas na Fonsagrada

O investimento previsto será de 27.650 euros

A Consellería de Medio Rural adxudicou un proxecto de reforestación no municipio da Fonsagrada que afectará a 12,66 hectáreas nos montes de Allonquiña, na parroquia de Santa Marta de Allonca, e Pereira, en Pereira de Bastida.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esa superficie será replantada con 14.151 exemplares de piñeiro, das variedades pinaster e radiata.

O investimento previsto será de 27.650 euros.

Comentarios