martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

Medio Ambiente reserva 7,5 millóns para mellorar equipamentos urbanos en 2021

Ángeles Vázquez, xunto ao resto de autoridades, nas Nogais. ADRA PALLÓN
Ángeles Vázquez, xunto ao resto de autoridades, nas Nogais. ADRA PALLÓN
A conselleira Ángeles Vázquez anunciouno nas Nogais

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, informou na mañá deste martes de que o próximo ano o seu departamento destinará case 7,5 millóns de euros do orzamento autonómico a mellorar o equipamento municipal e á humanización de contornas urbanas nos concellos galegos.

Vázquez fixo este anuncio durante a visita que realizou , acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, ás obras executadas por Medio Ambiente en tres rúas do núcleo urbano das Nogais, onde se concentran o Centro de Salúde, o Centro Sociocultural, a piscina, o polideportivo e un centro de educación infantil.

Explicou a conselleira que a actuación das Nogais é unha de máis de 300 proxectadas ao amparo do Plan hUrbe na última década e que supuxeron -desde que se puxo en marcha no ano 2010- a mobilización de case 149 millóns de euros.

Así mesmo, a conselleira anunciou que a pretensión do goberno galego é continuar o traballo realizado ata agora, de modo que o próximo ano reservarase unha partida para financiar actuacións do Plan hUrbe e outra para a convocatoria dunha Orde de axudas destinadas a crear ou a mellorar infraestruturas nos municipios galegos con menos de 50.000 habitantes.

Recordou, nese sentido, que ambas as iniciativas teñen por finalidade promover a recuperación e o coidado do que xa foi construído, pero tamén a renovación das infraestruturas que contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños, con novos servizos e mellores prestacións. 

Medio Ambiente reserva 7,5 millóns para mellorar equipamentos...
comentarios